Orde pola que se desenvolve o Decreto 142/2023, do 21 de setembro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do Sistema para a Autonomía e a Atención á Dependencia, o procedemento para a elaboración do programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes

Órgano ou entidade impulsora: Secretaría Xeral Técnica

Departamento: Consellería de Política Social e Xuventude - Secretaría Xeral Técnica

Estado actual: Consulta pechada

Prazo no que estivo aberta a consulta: 05/03/2024 - 25/03/2024

Información sobre a norma :

  • Antecedentes:

    Con data do 21 de setembro publicouse no DOG o Decreto 142/2023, do 21 de setembro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do Sistema para a Autonomía e a Atención á Dependencia, o procedemento para a elaboración do programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes.

    A aprobación desta norma exixe a tramitación da orde de desenvolvemento que adecúe a tramitación da dependencia en Galicia ao procedemento fixado no Decreto 142/2023, do 21 de setembro.

  • Problemas que se pretenden solucionar:

    Esta orde pretende unha simplificación tanto para os administrados, ao reducir a documentación exixida para solicitar a dependencia, como para a resolución do procedemento para a Administración, ao establecer o procedemento nun único acto de resolución do grao de dependencia e de aprobación do PIA.

    Así mesmo, procúrase garantir unha resposta máis rápida e eficaz á cidadanía recoñecendo na mesma resolución non só o dereito a un servizo senón unha prestación económica vinculada ao servizo mentres non se produza o acceso efectivo ao servizo solicitado, ou no seu caso, a prestación económica de coidados na contorna familiar, de maneira que se garanta unha axeitada resposta á situación das persoas dependentes.

  • Necesidade e oportunidade da súa aprobación:

    A tramitación desta orde é básica para adecuar a tramitación da dependencia ao establecido no Decreto 142/2023, do 21 de setembro.

    Ademais, mediante o procedemento fixado neste proxecto de orde, espérase reducir o tempo entre a solicitude e a resolución do procedemento de recoñecemento da dependencia ao establecer un procedemento único e máis áxil que, ademais, garante que se obterá de maneira efectiva ben un servizo ou unha prestación económica vinculada a ese ou outro servizo ou a prestación económica da contorna familiar.

  • Obxectivos:

    Desenvolver o Decreto 142/2023, do 21 de setembro.

  • Posibles solucións, alternativas, regulatorias e non regulatorias:

    É necesaria a tramitación da orde para a adecuación do procedemento ao fixado na citada disposición.

  • Rango da norma:

    Orde

Achegas e opinións recibidas: 5