Limpar formulario principal
Buscar... no buscador principal
Buscar no portal
Órgano ou entidade impulsora: Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa
Departamento: Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades - Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa
Estado actual: Consulta pechada
Prazo no que estivo aberta a consulta: 29/03/2023 - 12/04/2023
Información sobre a norma :
Antecedentes:
a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación, na redacción dada pola Lei Orgánica 3/2020, do 29 de decembro, establece no seu artigo 124.5 que as Administracións educativas regularán os requisitos e as funcións que debe desempeñar o coordinador ou coordinadora de benestar e protección, que debe designarse en todos os centros educativos independentemente da súa titularidade.
A Lei orgánica 8/2021 do 4 de xuño, de protección integral á infancia e á adolescencia fronte á violencia, dedica o Capítulo IV ao ámbito educativo. No artigo 35.1 refírese á obrigatoriedade en todos os centros docentes, independentemente da súa titularidade onde cursen estudos persoas menores de idade, debe contar cunha persoa coordinadora para o benestar e a protección do alumnado, que actuará baixo a supervisión da persoa que ostente a dirección ou titularidade do centro.
Problemas que se pretenden solucionar:
determinar os requisitos e funcións que debe desempeñar a coordinadora ou o coordinador de benestar e protección.
Necesidade e oportunidade da súa aprobación:
regular a nova figura de coordinación de benestar e protección tendo en conta que os centros xa tiñan figuras dedicadas ao plan de convivencia e á dinamización da convivencia. Polo cal esta norma permitirá reorganizar as funcións que se realizan nos centros sobre os aspectos de convivencia, benestar e protección.
Obxectivos:
concretar as funcións da persoa que exerza a coordinación do benestar e convivencia nos centros docentes.
Posibles solucións, alternativas, regulatorias e non regulatorias:
considérase que para cumprir o mandato normativo do Decreto a mellor alternativa é desenvolvelo a través dunha norma con rango de orde.
Rango da norma:
Orde
Achegas e opinións recibidas: 1