Órgano ou entidade impulsora: Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa
Departamento:
Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades - Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa
Estado actual: Consulta pechada
Prazo no que estivo aberta a consulta:
10/03/2023
-
24/03/2023
Información sobre a norma :
-
Antecedentes:
A normativa vixente que regula a etapa de educación secundaria obrigatoria en Galicia é o Decreto 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia. Este determina que as alumnas e os alumnos cursarán no terceiro curso e no cuarto curso unha materia optativa de entre as sinaladas, indicando que a consellería con competencias en materia de educación establecerá o currículo das mesmas. Actualmente atópase en fase de tramitación a modificación deste Decreto para regular que a consellería con competencias en materia de educación poida ampliar a oferta de materias optativas e establecer o seu currículo.
-
Problemas que se pretenden solucionar:
Ampliar a relación de materias optativas de educación secundaria obrigatoria e establecer o seu currículo.
-
Necesidade e oportunidade da súa aprobación:
Ampliar a relación de materias optativas e establecer o seu currículo para que os centros poidan ofertalas no curso 2023-24.
-
Obxectivos:
Ampliar a relación de materias optativas de educación secundaria obrigatoria e establecer o seu currículo.
-
Posibles solucións, alternativas, regulatorias e non regulatorias:
Considérase que para cumprir o mandato normativo do Decreto a mellor alternativa é desenvolvelo a través dunha norma con rango de orde.
-
Rango da norma:
Orde
Achegas e opinións recibidas: 1