Órgano ou entidade impulsora: Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa
Departamento:
Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades - Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa
Estado actual: Consulta pechada
Prazo no que estivo aberta a consulta:
03/03/2023
-
17/03/2023
Información sobre a norma :
-
Antecedentes:
O Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia concretou as intencións do sistema educativo galego para esta etapa educativa, regulando as materias que o alumnado debe cursar en cada un dos cursos.
-
Problemas que se pretenden solucionar:
Preténdese que o Decreto 157/2022, do 15 de setembro, dea resposta á necesidade de desenvolver outras competencias ou coñecementos relevantes na mocidade galega a través da configuración do currículo doutras materias optativas. Así, é preciso axustar a norma para poder adaptarse á incorporación doutros coñecementos ou competencias.
-
Necesidade e oportunidade da súa aprobación:
Os rápidos cambios e as demandas sociais fan necesario que a normativa educativa galega estea preparada para poder incorporar outros coñecementos ou competencias que dean resposta ás necesidades da poboación e, especialmente, da mocidade.
-
Obxectivos:
Concretar determinados aspectos da ordenación e o currículo das materias optativas na etapa do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia que abran a posibilidade da incorporación, nun futuro, de novos coñecementos.
-
Posibles solucións, alternativas, regulatorias e non regulatorias:
Na Disposición derradeira segunda do Decreto 157/2022, do 15 de setembro, facúltase a persoa titular da consellería con competencias en materia de educación para ditar cantas disposicións sexan precisas no relativo ao desenvolvemento do Decreto. Polo tanto, considérase que para cumprir o mandato normativo a mellor alternativa é desenvolvelo a través dunha norma con rango de decreto.
-
Rango da norma:
Decreto
Achegas e opinións recibidas: 1