Orde pola que se ditan instrucións para a validación ou exención entre as ensinanzas profesionais de Música e de Danza ou a condición de deportista de alto nivel ou de alto rendemento e a educación secundaria obrigatoria e o bacharelato

Órgano ou entidade impulsora: Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa

Departamento: Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades - Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa

Estado actual: Consulta pechada

Prazo no que estivo aberta a consulta: 26/01/2023 - 09/02/2023

Información sobre a norma :

  • Antecedentes:

    O Real Decreto 14/2023, do 17 de xaneiro, polo que se modifica o Real Decreto 242/2009, do 27 de febreiro, polo que se establecen validacións entre as ensinanzas profesionais de Música e de Danza e a Educación Secundaria obrigatoria e o Bachillerato, así como os efectos que sobre a materia de Educación Física deben ter a condición de deportista de alto nivel ou alto rendemento e as ensinanzas profesionais de Danza adaptou os anexos II, III, IV e V de validacións entre diversas materias de bachallerato e determinadas asignaturas profesionais de música e de danza, e das devanditas asignaturas coas materias de bacharelato, para acomodalos ás novas materias de bacharelato introducidas coa aprobación da Lei orgánica 3/2020, do 29 de decembro, pola que se modifica a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación.

    En Galicia, a norma de aplicación actual é a Orde do 7 de xullo de 2010 pola que se establecen medidas de ordenación académica para o alumnado que cursa as ensinanzas profesionais de múisca e de danza e as ensinanzas de réxime xeral.

  • Problemas que se pretenden solucionar:

    Regular as validacións de materias e asignaturas entre as ensinanzas de educación secundaria obrigotoria e de bacharelato coas ensinanzas de música e de danza, así como con outras consideracións como ter a condición de deportista de alto nivel ou alto rendemento.

  • Necesidade e oportunidade da súa aprobación:

    Actualizar a normativa galega á nova lei educativa e aos cambios introducidos polo Real decreto 14/2023, do 17 de xaneiro.

  • Obxectivos:

    Concretar os aspectos de validación e exención de materias entre as mencionadas ensinanzas e a condición de deportista de alto nivel ou alto rendemento para o sistema educativo galego.

  • Posibles solucións, alternativas, regulatorias e non regulatorias:

    Na Disposición derradeira segunda do Decreto 156/2002 , do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia e do Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia  facúltase a persoa titular da consellería con competencias en materia de educación para ditar cantas disposicións sexan precisas no relativo ao seu desenvolvemento.

    Polo tanto, considérase que para cumprir o mandato normativo a mellor alternativa é desenvolvelo a través dunha norma con rango de orde.

  • Rango da norma:

    Orde