Decreto polo que se modifica o Decreto 149/2011, do 7 de xullo, polo que se establece o Catálogo oficial de razas gandeiras autóctonas de Galicia, se regula o recoñecemento oficial das asociacións de criadores de razas autóctonas de Galicia que creen ou xestionen libros xenealóxicos e se aproban os programas para a súa conservación, mellora e fomento
Órgano ou entidade impulsora: Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias
Departamento: Consellería do Medio Rural - Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias
Estado actual: Consulta pechada
Prazo no que estivo aberta a consulta: 06/07/2022 - 20/07/2022
Información sobre a norma :
Antecedentes:
A Consellería do Medio Rural, a través do Decreto 149/2011, do 7 de xullo, estableceu o Catálogo oficial de razas gandeiras autóctonas de Galicia, e regulou o recoñecemento oficial das asociacións de criadores de razas autóctonas de Galicia que creen ou xestionen libros xenealóxicos e aprobou os programas para a súa conservación, mellora e fomento.
Este decreto elaborouse coa finalidade de adecuar a normativa autónomica respecto das razas autóctonas galegas á normativa estatal recollida no Real decreto 2129/2008, do 26 de decembro, polo que se establece o programa nacional de conservación, mellora e fomento das razas autóctonas.
A aprobación do Regulamento (UE) 2016/1012, do Parlamento Europeo e do Consello do 8 de xuño de 2016, relativo ás condicións zootécnicas e xenealóxicas da cría, o comercio e a entrada na Unión de animais reprodutores de raza pura, porcinos reprodutores híbridos e o seu material reprodutivo, e polo que se modifican o Regulamento UE nº 652/2014 e as Directivas 89/608/CEE e 90/425CEE do Consello e se derrogan determinados actos no ámbito da cría animal ("Regulamento sobre cría animal"), supuxo a necesidade de adaptar o anterior Real decreto 2129/2008, do 26 de decembro, ás modificacións introducidas pola normativa europea e publicouse a nivel estatal o Real decreto 45/2019, do 8 de febreiro.
Problemas que se pretenden solucionar:
No tempo transcorrido dende que se publicou o Decreto 149/2011 producíronse cambios normativos importantes sobre diferentes aspectos e faise necesario adaptalo á normativa vixente para a súa adecuación e para incorporar outros aspectos contemplados no novo marco lexislativo.
Necesidade e oportunidade da súa aprobación:
A necesidade da aprobación desta modificación xorde coa finalidade de ordenar a normativa autonómica respecto das razas autóctonas galegas á normativa de ámbito estatal e ao novo marco comunitario coa aprobación do Regulamento (UE) 2016/1012, do Parlamento Europeo e do Consello do 8 de xuño de 2016, relativo ás condicións zootécnicas e xenealóxicas para a cría, comercio e entrada na Unión de animais reprodutores de raza pura, porcinos reprodutores híbridos e o seu material reprodutivo.
Obxectivos:
O obxectivo deste decreto é adaptar o Decreto 149/2011, do 7 de xullo, á normativa estatal aprobada polo Real decreto 45/2019, do 8 de febreiro, actualizando determinados aspectos e termos para incluír as novas obrigas contempladas na normativa vixente.
Posibles solucións, alternativas, regulatorias e non regulatorias:
Debido aos importantes cambios normativos dos últimos anos, nos que as modificacións son tan substanciais, considérase necesario unha regulación máis completa, tendo en conta que a norma vixente non está actualizada.
Rango da norma: