Limpar formulario principal
Buscar... no buscador principal
Buscar no portal
Órgano ou entidade impulsora: Axencia Galega de Desenvolvemento Rural
Departamento: Consellería de Medio Ambiente, Ordenación do Territorio e Vivenda - Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático
Estado actual: Consulta pechada
Prazo no que estivo aberta a consulta: 02/03/2022 - 02/04/2022
Información sobre a norma :
Antecedentes:
Problemas que se pretenden solucionar:
Tendo en conta os obxectivos impostos pola normativa comunitaria, en particular polo que atinxe aos biorresiduos e á obriga para ás autoridades ambientais, nos seus respectivos ámbitos de competencia, de promover medidas destinadas a impulsar a recollida separada dos mesmos para destinalos á compostaxe doméstica ou comunitaria, valorouse a oportunidade de abordar o desenvolvemento regulamentario do réxime xurídico contemplado no art. 35 da Lei 6/2021, antes citada, coa vontade de reforzar a confianza e seguridade xurídica nas posibilidades que ofrecen as instalacións de compostaxe a fin de favorecer a súa implantación e emprego mediante a difusión das súas características, requirimentos e potencialidades aos efectos dos beneficios e obxectivos a acadar.
Necesidade e oportunidade da súa aprobación:
A necesidade e oportunidade da norma xustifícase:
Obxectivos:
O obxecto da futura norma regulamentaria autonómica sería o de establecer o réxime xurídico e as condicións técnicas das instalacións e actividades de compostaxe comunitaria na Comunidade Autónoma de Galicia que, co fin de promover a súa práctica, contribúa a lograr un elevado nivel de protección ambiental e cuxo resultado responda a uns estándares de alta calidade axeitados.
É dicir, determinar en que casos a actividade de compostaxe comunitaria podería someterse ao réxime de comunicación por cumprir os condicionantes ou previsións contidas na nova norma de xeito que, en base ás súas características e mínimas afeccións ao ambiente, permitirían diferenciala doutras actividades consideradas tratamento de residuos e sometidas a autorización.
Preténdese así mesmo coa nova regulación favorecer a implantación das actividades de compostaxe comunitaria nun marco de seguridade xurídica.
Posibles solucións, alternativas, regulatorias e non regulatorias:
A alternativa sería limitarse á previsión contida na Lei 6/2021, que simplemente refire a comunicación como réxime de intervención administrativa aplicable á compostaxe comunitaria. Non obstante, o feito de desenvolver regulamentariamente esta previsión comporta importantes beneficios en termos de favorecer o coñecemento e a confianza na implantación destas actividades, nun contexto de seguridade xurídica, ao tempo que se trata de contribuír a acadar o cumprimento dos obxectivos impostos en materia de xestión de biorresiduos, consonte ás obrigas inminentes ás que deberán facer fronte as entidades locais no marco das súas competencias.
Rango da norma:
Decreto
Achegas e opinións recibidas: 2