Decreto polo que se regula a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e se aproban os seus estatutos
Órgano ou entidade impulsora: Axencia Galega de Desenvolvemento Rural
Departamento: Consellería do Medio Rural - Axencia Galega de Desenvolvemento Rural
Estado actual: Consulta pechada
Prazo no que estivo aberta a consulta: 17/02/2022 - 03/03/2022
Información sobre a norma :
Antecedentes:
A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) créase pola disposición adicional sexta da Lei 5/2000, do 28 de decembro, de medidas fiscais e de réxime orzamentario e administrativo, como un ente de dereito público dos previstos no artigo 12.1 b) do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro.
En desenvolvemento desa lei aprobouse o regulamento da Agader, mediante o Decreto 79/2001, do 6 de abril.
A lei de creación da Agader modificouse mediante a Lei 12/2008, do 3 de decembro, pola que se modifican a Lei 7/1996, do 10 de xullo, de desenvolvemento comarcal de Galicia, e a Lei 5/2000, do 28 de decembro, de medidas fiscais e de réxime orzamentario e administrativo, e se racionalizan os instrumentos de xestión comarcal e de desenvolvemento rural.
Problemas que se pretenden solucionar:
A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural ten que constituírse como unha axencia pública autonómica, refundindo as actuais estruturas organizativas, servizos, programas e recursos patrimoniais, económicos, materiais e humanos do ente público Agader e mais da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural.
Necesidade e oportunidade da súa aprobación:
A Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico, regula, xunto á Administración xeral da comunidade autónoma, dúas categorías de entidades instrumentais: as entidades públicas instrumentais e outras entidades instrumentais integrantes do sector público. A lei regula as características esenciais de cada tipo de entidade, así como as peculiaridades do seu réxime, e dota á comunidade autónoma dun marco normativo completo.
A devandita norma establece a necesidade de que se adapten aos novos tipos de entidades instrumentais todas as entidades instrumentais con personalidade xurídica propia creadas por lei antes da súa entrada en vigor, que contaban con distintos réximes de organización e funcionamento. En concreto, a disposición transitoria terceira da Lei 16/2010, do 17 de decembro, establece que as normas de organización e funcionamento da Agader deberán adecuarse ao disposto nesa lei para as axencias públicas autonómicas. En consecuencia, mediante este decreto acométese esa adecuación e dáse cumprimento ao previsto no artigo 54.5 da devandita lei.
Obxectivos:
- A adaptación das normas reguladoras do ente de dereito público Axencia Galega de Desenvolvemento Rural ao disposto na Lei 16/2010, do 17 de decembro, para as axencias públicas autonómicas.
- A constitución da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural como axencia pública autonómica.
- A adscrición de órganos e unidades administrativas da Consellería do Medio Rural á axencia pública autonómica Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.
Posibles solucións, alternativas, regulatorias e non regulatorias:
É necesario que a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural se constitúa como unha axencia pública autonómica. Por tanto, procede a tramitación do decreto polo que se constitúa a devandita Axencia e se regule o seu réxime estatutario.
Rango da norma:
Achegas e opinións recibidas: 1