Limpar formulario principal
Buscar... no buscador principal
Buscar no portal
Órgano ou entidade impulsora: Secretaría Xeral Técnica
Departamento: Consellería do Mar - Secretaría Xeral Técnica
Estado actual: Consulta pechada
Prazo no que estivo aberta a consulta: 21/12/2021 - 20/01/2022
Información sobre a norma :
Antecedentes:
Mediante o Decreto 130/2012, do 31 de maio, establecéronse prezos públicos polos servizos de rescate prestados pola Consellería do Mar, por medio do Servizo de Gardacostas de Galicia, de conformidade coas normas e supostos de feito reflectidos no citado decreto.
Problemas que se pretenden solucionar:
O tempo transcorrido desde a entrada en vigor do Decreto 130/2012, do 31 de maio, ten permitido constatar que moitas das continxencias que motivan a intervención e utilización dos medios do Servizo de Guardacostas de Galicia, como, entre outras, as relacionadas coas actividades de prevención e loita contra a contaminación mariña, ocasionan unha serie de gastos que non se poden repercurtir ao non estar incluídos dentro dos supostos de feito previstos na norma actual, problema que a nova norma pretende solucionar delimitando unicamente as actividades que deben quedar excluídas do seu ámbito de aplicación.
Necesidade e oportunidade da súa aprobación:
A Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia dispón que os prezos públicos será fixados por decreto, a proposta da consellería da que dependa o órgano ou entidade oferente. Resulta, pois, necesario por parte da Consellería do Mar acometer un novo decreto no que, ademais de delimitar os supostos que deben quedar excluídos do seu ámbito de aplicación, se establezan os novos prezos que cubran os gastos derivados da prestación de servizos por parte do Servizo de Gardacostas de Galicia, tendo en conta, ademais, o incremento de custos producido desde a aprobación da norma anterior.
Obxectivos:
O proxecto de decreto ten por obxectivo a fixación dos prezos públicos a satisfacer como consecuencia dos servizos prestados polos medios do Servizo de Gardacostas de Galicia, delimitando os supostos de feitos que deben quedar excluídos do disposto no decreto.
Posibles solucións, alternativas, regulatorias e non regulatorias:
Tratándose dun proxecto normativo que derroga un decreto, considérase que non existe outra opción que a publicación dun regulamento do mesmo rango xurídico que as normas que vén substituír.
Rango da norma:
Decreto
Achegas e opinións recibidas: 1