Decreto polo que se modifica o Regulamento Xeral de Estradas de Galicia

Órgano ou entidade impulsora: Axencia Galega de Infraestruturas

Departamento: Consellería de Infraestruturas e Mobilidade - Axencia Galega de Infraestruturas (AXI)

Estado actual: Consulta pechada

Prazo no que estivo aberta a consulta: 23/11/2021 - 09/12/2021

Información sobre a norma :

  • Antecedentes:

    • A lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, na súa disposición derradeira segunda, pola que se habilita á Xunta para o seu desenvolvemento regulamentario.
    • O Decreto 66/2016, do 26 maio, polo que se aprobou o Regulamento Xeral de Estradas de Galicia, para o desenvolvemento da anterior.
  • Problemas que se pretenden solucionar:

    A Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, establece na súa disposición derradeira segunda a habilitación da Xunta de Galicia para o seu desenvolvemento regulamentario. Co fin de dar cumprimento a ese mandato legal aprobouse o Decreto 66/2016, do 26 maio, polo que se aprobou o Regulamento Xeral de Estradas de Galicia.

    Con posterioridade á aprobación do antedito Regulamento, a Lei de estradas de Galicia sufriu sucesivas modificacións.

    Nese sentido, o obxectivo deste decreto é adaptar os preceptos do Regulamento Xeral de Estradas de Galicia aos cambios producidos na disposición legal que este desenvolve, de tal xeito que se eviten contradicións e proceder ao seu desenvolvemento regulamentario cando así sexa preciso.

    Tamén se pretende realizar algúns cambios que teñen por obxecto simplificar ou aclarar a interpretación dalgún dos seus preceptos. A experiencia acumulada, por parte dos aplicadores técnicos e xurídicos, puxo de manifesto algunhas insuficiencias e/ou dificultades interpretativas deste regulamento, que determinan a necesidade da modificación, simplificación ou aclaración dalgún dos seus preceptos.

  • Necesidade e oportunidade da súa aprobación:

    Como xa se indicou, a Lei de estradas de Galicia sufriu sucesivas modificacións dende a aprobación do Regulamento que a desenvolve.

    Deste xeito, transcorridos varios anos de vixencia da devandita disposición regulamentaria, tendo en conta a experiencia acumulada, fai aconsellable abordar a modificación para adecuar os cambios da lei e que non existan discrepancias entre ambos textos, ao tempo que se aproveita para aclarar, simplificar ou desenvolver a interpretación dalgún dos seus preceptos.

  • Obxectivos:

    Os obxectivos principais da modificación do regulamento son unificar, clarificar e simplificar, de xeito coherente e coordinado coa lei que desenvolve, o réxime legal en materia de estradas que debe resultar de aplicación na Comunidade Autónoma de Galicia.

  • Posibles solucións, alternativas, regulatorias e non regulatorias:

    O desenvolvemento regulamentario das disposicións que contén a Lei 28/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, máis que unha posible solución ou alternativa, constitúe un mandato legal, nos termos que se establecen na disposición derradeira segunda da devandita lei.

  • Rango da norma:

    Decreto