-
Antecedentes:
O Decreto 230/2020, do 23 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, sinala que esta vicepresidencia segunda e consellería é o órgano da Administración da comunidade autónoma ao que lle corresponde o exercicio das competencias e funcións en materia de artesanía, e mais concretamente a de proposta normativa.
Ao abeiro da competencia exclusiva que o artigo 27.17º do Estatuto de Autonomía de Galicia outorga á nosa comunidade autónoma en materia de artesanía, o Parlamento galego aprobou a Lei 1/1992, do 11 de marzo, de Artesanía de Galicia, establecendo o marco legal de actuación do sector artesanal de Galicia.
-
Problemas que se pretenden solucionar:
A lei que regula Artesanía de Galicia é do ano 1992. Historicamente a ordenación normativa da artesanía ten sido complexa pola heteroxeneidade do sector artesán.
Dende o respecto á tradición, á pervivencia de técnicas ou ao emprego de determinados materiais, ademais da súa vertente económica, é necesario adaptar a lexislación á nova realidade das nosas empresas artesás.
A profesionalización continua do sector artesán galego nas últimas décadas obriga á actualización da normativa en materia de artesanía.
-
Necesidade e oportunidade da súa aprobación:
Dado o tempo transcorrido dende a aprobación da vixente Lei 1/1992, do 11 de marzo, de Artesanía de Galicia, xorde a necesidade de adaptar esta regulación á nova realidade da artesanía do século XXI.
-
Obxectivos:
Creación dun marco legal axeitado de actuación para que o sector artesanal, de relevante interese para Galicia, manteña a súa importancia social e cultural, e incremente a súa competitividade económica e profesional.
-
Posibles solucións, alternativas, regulatorias e non regulatorias:
Dado que a lei que se aplica data de 1992, non se presentan outras alternativas que non sexa a aprobación dunha norma que substitúa por completo esta lei, aprobada hai casi 20 anos.
-
Rango da norma:
Lei