Limpar formulario principal
Buscar... no buscador principal
Buscar no portal
Órgano ou entidade impulsora: Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional
Departamento: Consellería de Cultura, Educación e Universidade - Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional
Estado actual: Consulta pechada
Prazo no que estivo aberta a consulta: 09/03/2021 - 24/03/2021
Información sobre a norma :
Antecedentes:
Problemas que se pretenden solucionar:
Afondar na consecución dunha escola inclusiva de calidade para a totalidade do alumnado sen ningún tipo de discriminación, que focalice os esforzos naquel alumnado máis vulnerable para o pleno desenvolvemento persoal.
Necesidade e oportunidade da súa aprobación:
A experiencia acumulada polos anos de funcionamento dos servizos de orientación educativa e profesional, a existencia de distintas disposicións normativas destinadas ao axuste da atención educativa a determinado alumnado e a necesidade de desenvolver o disposto no citado Decreto 229/2011, do 7 de decembro, aconsellan ditar unha nova disposición que manteña as fortalezas da normativa existente, que se derroga, adapte ao momento actual os aspectos que o requiran e articule todo o que se estime necesario para garantir a igualdade e a calidade educativa para a totalidade do alumnado, nun sistema educativo equitativo e accesible para todas e para todos.
Obxectivos:
Esta orde ten por obxecto desenvolver o Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia nos que se imparten as ensinanzas establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
Rango da norma:
Orde
Achegas e opinións recibidas: 1