Limpar formulario principal
Buscar... no buscador principal
Buscar no portal
Órgano ou entidade impulsora: Secretaría Xeral Técnica
Departamento: Consellería de Sanidade - Secretaría Xeral Técnica
Estado actual: Consulta pechada
Prazo no que estivo aberta a consulta: 17/08/2020 - 31/08/2020
Información sobre a norma :
Antecedentes:
O Decreto 52/2001, do 22 de febreiro, regula a acreditación de centros hospitalarios. Conforme ao establecido nese decreto os centros hospitalarios pertencentes á rede asistencial do Servizo Galego de Saúde e os que actualmente teñan subscritos ou desexen subscribir concertos con este, deberán obter o certificado de acreditación previsto nese texto. A experiencia adquirida e os cambios producidos tanto a nivel normativo como a nivel de actividades sanitarias aconsellan extender a acreditación aos centros sanitarios que o desexen.
Neste senso, entenderíase por centro sanitario o conxunto organizado de medios técnicos e instalacións no que profesionais capacitados/as, pola súa titulación oficial ou habilitación profesional, realizan basicamente actividades sanitarias coa finalidade de mellorar a saúde das persoas, conforme ao establecido na Lei de Saúde de Galicia.
Problemas que se pretenden solucionar:
Por un lado, preténdese adaptar a normativa de acreditación ao establecido na Lei de Saúde de Galicia. Conforme a esta Lei, correspóndelle á Consellería a confección dos estándares de calidade e a determinación dos criterios de acreditación dos centros sanitarios.
Por outro lado, trátase de establecer un procedemento conforme á nova normativa de procedemento administrativo e da Lei de unidade de mercado.
Necesidade e oportunidade da súa aprobación:
A elaboración da norma responde á necesidade de actualizar o procedemento de acreditación dos centros sanitarios de carácter público ou privado pertencentes ao sistema de saúde de Galicia.
Igualmente existe a necesidade de adaptar ás normas legais a normativa de acreditación. Existe unha boa oportunidade de actualización de todo o procedemento administrativo coa nova norma legal xa consolidada.
Obxectivos:
Como xa se indicou anteriormente, a norma ten varios obxectivos:a) Adaptar a normativa de acreditación de centros sanitarios ao establecido na Lei de Saúde de Galicia.b) Establecer un procedemento que resulte factible tanto para as persoas titulares dos centros sanitarios como para a propia Administración.c) Adaptar a norma ao establecido na Lei de unidade de mercado.
Posibles solucións, alternativas, regulatorias e non regulatorias:
Non existen solucións alternativas, xa que é preciso dispor dunha norma positiva reguladora.
Rango da norma:
Decreto