Decreto polo que se regulan as funcións de categoría de médico de admisión e documentación clínica

Órgano ou entidade impulsora: Servizo Galego de Saúde (Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria)

Departamento: Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde (Sergas)

Estado actual: Consulta pechada

Prazo no que estivo aberta a consulta: 12/03/2020 - 28/03/2020

Información sobre a norma :

  • Antecedentes:

    Regulamento das funcións, xornada laboral, retribucións e criterios de selección de persoal do persoal médico de admisión e documentación clínica.

  • Problemas que se pretenden solucionar:

    Preténdese a actualización das funcións do persoal estatutario médico de admisión e documentación clínica no ámbito das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde.

  • Necesidade e oportunidade da súa aprobación:

    As Áreas Sanitarias tal e como dispón o Decreto 134/2019, do 10 de outubro, polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema Público de Saúde de Galicia, asumen, con autonomía funcional e de forma integrada, a xestión dos recursos sanitarios, prestacións e programas de atención sanitaria.

    Por outra banda, a Lei 12/2013, do 9 de decembro, de garantías de prestacións sanitarias, establece, en relación á prestación de servizos sanitarios por parte do Sistema Público de Saúde de Galicia, dereitos como á atención sanitaria, á libre elección de médico de familia, pediatra, hospital ou complexo hospitalario, entre outros.

    O sistema sanitario debe adaptar os seus procedementos clínicos e de xestión para facilitar á cidadanía a información pertinente e axilizar os trámites administrativos necesarios para exercer os devanditos dereitos, o que contribuirá á mellora do Sistema Público de Saúde de Galicia.

  • Obxectivos:

    A adscrición dos servizos de admisión ás xerencias de área correspondente, onde existirá unha coordinación de Admisión, que asumirá as funcións de admisión, arquivo e documentación clínica.

  • Posibles solucións, alternativas, regulatorias e non regulatorias:

    Para mellorar a organización e xestión, existirá con nivel orgánico de xefatura de servizo que dependendo directamente da persoa xerente da área sanitaria, terá as funcións de coordinación de admisión, arquivo e documentación clínica.

  • Rango da norma:

    Decreto