Limpar formulario principal
Buscar... no buscador principal
Buscar no portal
Órgano ou entidade impulsora: Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
Departamento: Consellería de Medio Ambiente, Ordenación do Territorio e Vivenda
Estado actual: Consulta pechada
Prazo no que estivo aberta a consulta: 17/01/2020 - 31/01/2020
Información sobre a norma :
Antecedentes:
Problemas que se pretenden solucionar:
Esta nova lei permitirá refundir a regulación dispersa en distintos textos lexislativos dando seguridade xurídica, e na que se regularía un procedemento propio, máis áxil, das avaliacións de impacto ambiental que permita facer compatible a protección do medio ambiente e o desenvolvemento económico, sempre no marco da norma básica de aplicación, que poidan facer máis competitivas as empresas galegas, tanto no eido da redución dos prazos dos procedementos ambientais como a posibilidade da súa simplificación nos casos nos que sexa posible.
Necesidade e oportunidade da súa aprobación:
A disparidade normativa e a ausencia dun procedemento propio de avaliación de impacto ambiental que permita simplificar os seus trámites e acurtar os prazos nos que se deba ditar o informe de avaliación ambiental leva a esta Consellería a propoñer que se inclúa no calendario normativo unha nova lei de avaliación ambiental de Galicia.
Obxectivos:
Protección e mellora do medio ambiente; acción preventiva e cautelar; prevención, corrección e compensación dos impactos sobre o medio ambiente; racionalización; proporcionalidade entre os efectos sobre o medio ambiente e o tipo de procedemento de avaliación, participación pública, desenvolvemento sostible e integración dos aspectos ambientais na toma de decisións; simplificación administrativa e o interese pola consecución dous principios de axilidade e eficacia nesta materia, sen que isto supoña unha mingua do respecto aos valores naturais e á riqueza do noso territorio.
Posibles solucións, alternativas, regulatorias e non regulatorias:
A alternativa sería manter a actual regulación coa Lei 1/1995, do 2 de xaneiro, de Protección Ambiental da Comunidade Autónoma de Galicia, que coma xa se expuxo vén a devir obsoleta.
Rango da norma:
Lei
Achegas e opinións recibidas: 698