Decreto polo que se modifica o Decreto 78/2018, do 26 de xullo, polo que se regula a composición e o funcionamento da Comisión Galega de Prevención e Represión da Dopaxe

Órgano ou entidade impulsora: Secretaría Xeral para o Deporte

Departamento: A Presidencia da Xunta - Secretaría Xeral para o Deporte

Estado actual: Consulta pechada

Prazo no que estivo aberta a consulta: 15/07/2019 - 29/07/2019

Información sobre a norma :

Antecedentes:

O Decreto 78/2018, do 26 de xullo, polo que se regula a composición e o funcionamento da Comisión Galega de Prevención e Represión da Dopaxe, foi publicado no Diario Oficial de Galicia núm. 151, do 8 de agosto de  2018, e cómpre facer modificacións no texto.

Problemas que se pretenden solucionar:

Dar participación na Comisión Galega de prevención e represión da dopaxe, ao Colexio Oficial de licenciados en Educación Física e Ciencias da Actividade Física e do Deporte de Galicia.
 

Necesidade e oportunidade da súa aprobación:

Dado que a comisión ten representación do Consello de Colexios de Médicos de Galicia, Colexio Oficial ou colexios oficiais de Farmacéuticos de Galicia, Colexio Oficial ou colexios oficiais de Químicos de Galicia, Colexio Oficial ou colexios oficiais de Enfermaría de Galicia, considerase necesaria a modificación da composición da Comisión Galega de prevención e represión da dopaxe (artigo 4), para contar na comisión coa participación do Colexio Oficial de licenciados en Educación Física e Ciencias da Actividade Física e do Deporte de Galicia, único colexio de deporte na comunidade autónoma galega.

 

Obxectivos:

Modificar o Decreto 78/2018, do 26 de xullo, polo que se regula a composición e o
funcionamento da Comisión Galega de Prevención e Represión da Dopaxe.

Posibles solucións, alternativas, regulatorias e non regulatorias:

A día de hoxe soamente se contempla como solución a modificación do Decreto.

Rango da norma:

Decreto