Limpar formulario principal
Buscar... no buscador principal
Buscar no portal
Órgano ou entidade impulsora: Secretaría Xeral Técnica
Departamento: Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades - Secretaría Xeral Técnica
Estado actual: Consulta pechada
Prazo no que estivo aberta a consulta: 17/02/2023 - 03/03/2023
Información sobre a norma :
Antecedentes:
o Decreto 268/2000, do 2 de novembro, creou o Museo Pedagóxico de Galicia (Mupega) como un centro específico destinado a recuperar, salvagardar, estudar, mostrar e difundir todas aquelas expresións pedagóxicas e lingüísticas que poñan de manifesto a variedade e riqueza do patrimonio educativo de Galicia, posibilitando, así, a súa catalogación, sistematización e custodia.
No ano 2002 comezaron as primeiras reunións das persoas representantes dos institutos históricos de Galicia e do equipo do Mupega para iniciar unha colaboración co obxectivo de preservar e poñer en valor o patrimonio que albergan estes centros. Ambas as partes rubricaron nese momento, un protocolo de carácter asociativo que facilita a interconexión e funcionamento coordinado e que se denominou “Rede Mupega”.
Problemas que se pretenden solucionar:
trátase de impulsar a recuperación e conservación do patrimonio histórico educativo dos institutos históricos de Galicia, evitando a súa perda ou deterioro.
Necesidade e oportunidade da súa aprobación:
tratar de dotar de regulamentación normativa tanto o procedemento como os efectos do recoñecemento como instituto histórico de Galicia, como a xestión do patrimonio educativo que custodian.
Obxectivos:
establecer o procedemento e as condicións para o recoñecemento como instituto histórico de Galicia, así como as normas relativas á correcta xestión do patrimonio educativo que custodian.
Posibles solucións, alternativas, regulatorias e non regulatorias:
dado que se trata de dotar de regulamentación normativa tanto o procedemento como os efectos do recoñecemento como instituto histórico de Galicia, como a xestión do patrimonio educativo que custodian, non se aprecian outras alternativas.
Rango da norma:
Decreto