Decreto de turismo activo na Comunidade Autónoma de Galicia

Órgano ou entidade impulsora: Axencia Turismo de Galicia

Departamento: Consellería de Cultura e Turismo - Axencia Turismo de Galicia

Estado actual: Consulta pechada

Prazo no que estivo aberta a consulta: 25/03/2019 - 08/04/2019

Información sobre a norma :

  • Antecedentes:

    A Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia no seu artigo 94 Fomento do turismo, reflicte como medidas de fomento a diversificación da oferta turística mediante o impulso da súa segmentación a través do apoio ao desenvolvemento do turismo rural e de interior, citando, entre outras medidas, a realización de actividades de turismo activo. Nese mesmo artigo tamén establece o necesario apoio ao desenvolvemento do turismo deportivo vinculado con actividades de contacto coa natureza.

  • Problemas que se pretenden solucionar:

    A necesidade de aprobar unha nova norma que substitúa ao citado Decreto 42/2001, para a súa adaptación ao disposto legalmente, posto que nos últimos anos tense producido un incremento substancial do turismo experiencial. Destaca o incremento da demanda de actividades deportivas realizadas na natureza vinculadas á oferta das empresas de turismo activo. Ademais obsérvase, ao tempo, unha maior oferta na variedade destas actividades. Así é necesario brindar un novo marco xurídico que sirva para guiar tanto aos usuarios turísticos como aos operadores turísticos, que teñen nestas actividades unha oportunidade de diversificación da oferta turística de Galicia.

  • Necesidade e oportunidade da súa aprobación:

    O Decreto 42/2001, do 1 de febreiro, de refundición en materia de axencias de viaxes, guías de turismo e turismo activo, en desenvolvemento da actualmente derrogada Lei 9/1997 de ordenación e promoción do turismo en Galicia, establecía no seu título III unha ordenación do turismo activo en Galicia. Coa entrada en vigor da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, faise necesario a aprobación dunha nova norma que substitúa ao citado Decreto 42/2001, para a súa adaptación ao disposto legalmente.

  • Obxectivos:

    A necesidade de aprobar unha nova norma que substitúa ao citado Decreto 42/2001, para a súa adaptación ao disposto legalmente.
    Así, respecto ao anterior, este decreto establece, entre outras novidades, unha nova definición da actividade de turismo activo, así como a clarificación do seu ámbito de actuación a todas as empresas que desenvolvan unha actividade de turismo activo no ámbito territorial de Galicia, independentemente do lugar da súa sede social. Tamén se reflicte explicitamente a exclusión do ámbito de aplicación deste decreto as actividades realizadas por diferentes entidades. Modifícase o proceso para o alta dunha empresa no rexistro da Axencia Turismo de Galicia. Ademais, e para garantir a seguridade das persoas usuarias regúlase a obrigatoria revisión dos equipos e materiais, o establecemento de novos seguros como o de rescate, e tamén dun protocolo de actuación en caso de accidentes. Establécese, así mesmo, un artigo sobre a protección do medio ambiente e o patrimonio cultural. Tamén, en pro dunha maior seguridade e calidade do servizo, defínense profusamente os requisitos de formación que debe ter o persoal técnico, diferenciando entre a figura do/a coordinador/a e do/a monitor/a.

  • Posibles solucións, alternativas, regulatorias e non regulatorias:

    Non se prevé ningunha outra.

  • Rango da norma:

    Decreto

Achegas e opinións recibidas: 5