-
Antecedentes:
O Decreto 106/2018, do 4 de outubro, polo que se modifica parcialmente o Decreto 177/2016, do 15 de decembro, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia modifica o Decreto 177/2016, do 15 de decembro, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia, engadindo un novo artigo 6 bis ao citado decreto, no que determina que a Axencia de Turismo de Galicia queda adscrita orgánica e funcionalmente á Consellería de Cultura e Turismo.
O citado Decreto 106/2018, do 4 de outubro, establece na súa disposición transitoria quinta que a Axencia de Turismo de Galicia deberá promover, no prazo de tres meses, a modificación dos seus estatutos co fin de adaptalos ao disposto nese decreto.
-
Problemas que se pretenden solucionar:
O obxecto da norma é a modificación parcial do Decreto 196/2012, do 27 de setembro, polo que se crea a Axencia de Turismo de Galicia e se aproban os seus estatutos para adaptalo á nova estrutura da Xunta de Galicia. Porén, aprovéitase a modificación do citado decreto para emprender cambios puntuais na propia estrutura da Axencia, aos efectos de lograr unha mellor eficacia na realización das funcións e competencias que ten asignadas.
Asemade, modifícase puntualmente o Decreto 149/2012, do 5 de xullo, polo que se regula o Consello do Turismo de Galicia; tamén para adaptalo á nova estrutura.
-
Necesidade e oportunidade da súa aprobación:
O Decreto 88/2018, do 26 de setembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia dispón a creación da Consellería de Cultura e Turismo. O Decreto 106/2018, do 4 de outubro, polo que se modifica parcialmente o Decreto 177/2016, do 15 de decembro, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia, e o Decreto 196/2012, do 27 de setembro, polo que se crea a Axencia de Turismo de Galicia e se aproban os seus estatutos, procede ao desenvolvemento da nova estrutura determinando nun segundo nivel organizativo os órganos superiores e de dirección e as diversas entidades do sector público en que se estrutura tanto a consellería de nova creación como as que son obxecto de reordenación.
No que respecta á Axencia de Turismo de Galicia, o Decreto 106/2018, do 4 de outubro, intégraa na Consellería de Cultura e Turismo, á que se adscribe orgánica e funcionalmente.
Faise necesario, por tanto, modificar o Decreto 196/2012, do 27 de setembro, polo que se crea a Axencia de Turismo de Galicia e se aproban os seus estatutos para adaptalo á nova estrutura das consellerías da Xunta de Galicia; así como tamén o Decreto 149/2012, do 5 de xullo, polo que se regula o Consello do Turismo de Galicia.
-
Obxectivos:
Adaptar a estrutura da Axencia de Turismo de Galicia e os seus estatutos á normativa vixente tras a aprobación do Decreto 88/2018, do 26 de setembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, e do Decreto 106/2018, do 4 de outubro, polo que se modifica parcialmente o Decreto 177/2016, do 15 de decembro, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia, e o Decreto 196/2012, do 27 de setembro, polo que se crea a Axencia de Turismo de Galicia e se aproban os seus estatutos.
-
Rango da norma:
Decreto