Limpar formulario principal
Buscar... no buscador principal
Buscar no portal
Órgano ou entidade impulsora: Augas de Galicia
Departamento: Consellería de Infraestruturas e Mobilidade - Augas de Galicia
Estado actual: Consulta pechada
Prazo no que estivo aberta a consulta: 24/01/2019 - 07/02/2019
Información sobre a norma :
Antecedentes:
Problemas que se pretenden solucionar:
Preténdese simplificar a tramitación naqueles supostos nos que a repercusión no dominio público é mínima ou inexistente ao non se producir alteracións substanciais do relevo e non supor obstáculos, degradación ou deterioración.
Necesidade e oportunidade da súa aprobación:
O previsto acóllese aos principios de boa regulación recollidos no artigo 129 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións públicas.
Obxectivos:
Incluír dentro do réxime da declaración responsable previa as denominadas actuacións menores de mantemento e conservación de infraestruturas e instalacións no dominio público e na súa zona de policía.
Posibles solucións, alternativas, regulatorias e non regulatorias:
Non hai máis alternativas que optar entre o réxime actual (autorización das actuacións) e o pretendido coa norma que se propón (presentación de declaración responsable).
Rango da norma:
Decreto