Limpar formulario principal
Buscar... no buscador principal
Buscar no portal
Órgano ou entidade impulsora: Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo
Departamento: Consellería de Medio Ambiente, Ordenación do Territorio e Vivenda - Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo
Estado actual: Consulta pechada
Prazo no que estivo aberta a consulta: 24/10/2018 - 09/11/2018
Información sobre a norma :
Antecedentes:
Problemas que se pretenden solucionar:
A consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda estima a necesidade de abordar unha modificación do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, atendendo ás necesidades derivadas da propia complexidade da materia e para facilitar a tarefa dos operadores xurídicos e técnicos na súa aplicación, á vista da experiencia acumulada na súa aplicación práctica durante os dous anos de vixencia da devandita disposición regulamentaria.
Na liña marcada pola normativa urbanística vixente, faise aconsellable abordar unha reforma que siga contribuíndo a garantir a protección territorial e o desenvolvemento urbanístico sostible, sen perder de vista a dimensión do solo rústico como solo produtivo e útil, que debe ser recollida e potenciada, así como as actividades que se desenvolven no mesmo.
Necesidade e oportunidade da súa aprobación:
A Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, constitúe unha regulación de mínimos que persegue acadar o marco de estabilidade que debe presidir a regulación urbanística na nosa comunidade autónoma.
Non obstante, o Regulamento que a desenvolve pretende ser un instrumento vivo, dinámico e de utilidade para os operadores técnicos e xurídicos que o manexan, polo que cómpre solucionar aqueles aspectos que se foron suscitando na práctica durante a súa vixencia e que puxeron de manifesto a necesidade de concretar e matizar aquelas cuestións que non resultan suficientemente claras, para evitar dúbidas na súa interpretación e garantir a seguridade xurídica.
Obxectivos:
Un dos principios que deben inspirar a modificación que se pretende é o da simplificación administrativa e o interese pola consecución dos principios de axilidade e eficacia nesta materia, sen que isto supoña unha mingua do respecto aos valores naturais e á riqueza do noso territorio.
Posibles solucións, alternativas, regulatorias e non regulatorias:
O desenvolvemento regulamentario das disposicións que se conteñen na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, máis que unha posible solución ou alternativa, constitúe un mandato legal, nos termos que se establecen na disposición derradeira quinta da devandita lei.
Rango da norma:
Decreto
Achegas e opinións recibidas: 2