Orde pola que se aproban os pregos de condicións aos que haberán de suxeitarse os aproveitamentos madeireiros das especies contempladas na Disposición Adicional 3ª da Lei 3/2007, do 9 de abril, en terreos suxeitos a algún réxime de protección ou afectados por lexislación de protección do dominio público

Órgano ou entidade impulsora: Dirección Xeral de Ordenación Forestal

Departamento: Consellería do Medio Rural - Dirección Xeral de Ordenación Forestal

Estado actual: Consulta pechada

Prazo no que estivo aberta a consulta: 14/09/2018 - 19/09/2018

Información sobre a norma :

Antecedentes:

O marco normativo dos montes ou terreos forestais existentes na Comunidade Autónoma de Galicia. Un dos obxectivos desta lei é permitir a compatibilización dos diferentes usos e aproveitamentos forestais.

A Lei de montes de Galicia, na última modificación operada a través da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia regula, no seu artigo 92, a autorización única para a realización de aproveitamentos madeireiros que, segundo a lexislación sectorial de aplicación, esixisen autorización administrativa de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, de tal forma que a competencia para conceder esta autorización corresponde ao órgano forestal competente, logo do informe preceptivo dos órganos ou organismos sectoriais.

O citado artigo 92 faculta as consellerías competentes a aprobar, mediante orde, os pregos coas condicións sectoriais a que haberán de suxeitarse os aproveitamentos madeireiros das especies contempladas na disposición adicional terceira da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais nos terreos forestais que formen parte de espazos suxeitos a algún réxime de protección e nos terreos forestais afectados por algunha lexislación de protección do dominio público.

Problemas que se pretenden solucionar:

En consonancia con isto, a aprobación dos citados pregos permitirá substituír a esixencia de autorización administrativa pola declaración responsable da persoa interesada do cumprimento dos requisitos contemplados nos devanditos pregos e eliminará a necesidade de obter informe previo do órgano sectorial competente.

Necesidade e oportunidade da súa aprobación:

Dar cumprimento ao establecido no art. 92 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.

Obxectivos:

Aprobar, mediante orde, os pregos coas condicións sectoriais a que haberán de suxeitarse os aproveitamentos madeireiros das especies contempladas na disposición adicional terceira da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais nos terreos forestais que formen parte de espazos suxeitos a algún réxime de protección e nos terreos forestais afectados por algunha lexislación de protección do dominio público.

Rango da norma:

Orde