Limpar formulario principal
Buscar... no buscador principal
Buscar no portal
Órgano ou entidade impulsora: Dirección Xeral de Saúde Pública
Departamento: Consellería de Sanidade - Dirección Xeral de Saúde Pública
Estado actual: Consulta pechada
Prazo no que estivo aberta a consulta: 03/08/2018 - 20/08/2018
Información sobre a norma :
Antecedentes:
Problemas que se pretenden solucionar:
Clarexar que empresas e establecementos non serán obxecto de inscrición no Regasa e actualizar a descrición dos códigos e das actividades comerciais dos establecementos obxecto de inscrición. Facer efectiva a obriga de relacionarse coa Administración electronicamente. Modificación de formularios para as comunicacións de inicio de actividade, modificación ou cese.
Necesidade e oportunidade da súa aprobación:
Debido ao dinamismo das actividades comerciais deben ser actualizadas as definicións e clasificación das devanditas actividades, incorporando novos códigos e descricións co fin de abarcar todas as actividades ligadas aos establecementos obxecto de inscrición no Regasa.
Obxectivos:
O obxectivo último da modificación é a protección da saúde pública e os intereses das persoas consumidoras finais mediante o exercicio por parte da Administración das súas funcións de control e inspección tanto sobre as empresas e establecementos como sobre o exercicio das súas actividades comerciais.
Posibles solucións, alternativas, regulatorias e non regulatorias:
A modificación dos códigos e a descrición das actividades abranguen todas as actividades comerciais ligadas aos establecementos obxecto de asento do Regasa.
Desenvólvese o artigo 14.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, que regula a posibilidade de que "por vía regulamentaria, as administracións poidan establecer a obriga de relacionarse con elas a través de medios electrónicos para determinados procedementos e para certos colectivos de persoas físicas que por razón da súa capacidade económica, técnica, dedicación profesional ou outros motivos quede acreditado que teñen acceso e dispoñibilidade dos medios electrónicos necesarios."
Rango da norma:
Decreto