Limpar formulario principal
Buscar... no buscador principal
Buscar no portal
Órgano ou entidade impulsora: Dirección Xeral de Mobilidade
Departamento: Consellería de Infraestruturas e Vivenda - Dirección Xeral de Mobilidade
Estado actual: Consulta pechada
Prazo no que estivo aberta a consulta: 29/06/2018 - 12/07/2018
Información sobre a norma :
Antecedentes:
O artigo 182.4 do Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro, polo que se aproba o regulamento da Lei de ordenación do transporte terrestre, habilita ás comunidades autónomas a esixir que os vehículos amparados en autorizacións de arrendamento con condutor se identifiquen externamente mediante algún distintivo, en relación coa competencia das devanditas comunidades exercida por delegación do Estado.A Lei 9/2017, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, deulle unha nova redacción ao artigo 53 da Lei 4/2013, do 30 de maio, de transporte público de persoas en vehículos de turismo de Galicia, esixindo que os vehículos adscritos a autorizacións de arrendamento con condutor domiciliadas en Galicia dispoñan dun distintivo identificador desta actividade, consistente nun autoadhesivo de vinilo que se deberá colocar na parte dianteira e traseira do vehículo.
Problemas que se pretenden solucionar:
A falta de identificación dos vehículos amparados en autorizacións administrativas de arrendamento con condutor pode dar lugar a prácticas fraudulentas no desenvolvemento desta actividade. Tamén serven para a súa distinción de vehículos non autorizados que poidan estar exercendo esta actividade de forma fraudulenta.
Necesidade e oportunidade da súa aprobación:
Dar cumprimento ao mandato establecido na Lei 9/2017, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, que modifica o artigo 53 da Lei 4/2013, do 30 de maio, de transporte público de persoas en vehículos de turismo de Galicia, esixindo que os vehículos adscritos a autorizacións de arrendamento con condutor domiciliadas en Galicia dispoñan dun distintivo identificador desta actividade, consistente nun autoadhesivo de vinilo que se deberá colocar na parte dianteira e traseira do vehículo.
Obxectivos:
Permitir que os vehículos adicados ao arrendamento con condutor que conten con autorización administrativa se atopen identificados cun distintivo que posibilite verificar tanto a vixencia da súa autorización como a matrícula do vehículo que desenvolve a actividade.
Posibles solucións, alternativas, regulatorias e non regulatorias:
A regulación do modelo de distintivo e a súa utilización.
Rango da norma:
Orde