Orde do Vicepresidente Segundo e Conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, pola que se aproba o contido das obrigas de información pública e sinalética das instalacións termais autorizadas ao abeiro da Lei 8/2019, do 23 de decembro, de regulación do aproveitamento lúdico das augas termais de Galicia
Órgano ou entidade impulsora: Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais
Departamento: Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación - Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais
Estado actual: Consulta pechada
Prazo no que estivo aberta a consulta: 15/11/2021 - 30/11/2021
Información sobre a norma :
Antecedentes:
A Lei 8/2019, do 23 de decembro, de regulación do aproveitamento lúdico das augas termais de Galicia, recolle no seu artigo 23 as obrigas e prohibicións que se lle impoñen ás persoas titulares de autorizacións ou concesións de aproveitamento exclusivamente lúdico das augas termais. No mesmo artigo 23 tamén se establecen uns requirimentos de mínimos en relación á información a achegar ás persoas usuarias das instalacións de uso lúdico das augas termais, sendo posible unha ampliación e maior definición dos contidos que en materia de información pública deberá proporcionar a persoa titular da autorizacións ou concesións dos devanditos aproveitamentos.
Problemas que se pretenden solucionar:
O desenvolvemento da Lei 8/2019, do 23 de decembro, de regulación do aproveitamento lúdico das augas termais de Galicia nos aspectos que recolle esta orde, pretende homoxeneizar as obrigas de información pública e a correspondente sinalética nestes aproveitamentos, evitando interpretacións erróneas.
Necesidade e oportunidade da súa aprobación:
Dado o tempo transcorrido dende a aprobación da Lei 8/2019, do 23 de decembro, de regulación do aproveitamento lúdico das augas termais de Galicia, e o número de aproveitamentos regularizados ao seu abeiro, xurde a necesidade de regular aquelas cuestións técnicas da competencia da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación.
Obxectivos:
Normalizar a información pública e a sinalética das instalacións termais autorizadas ao abeiro da Lei 8/2019, do 23 de decembro, de regulación do aproveitamento lúdico das augas termais de Galicia.
Posibles solucións, alternativas, regulatorias e non regulatorias:
Ao non ter ningunha regulación previa, neste aspecto, en ningunha das normas de dereito supletorio que se recollen na disposición derradeira terceira da Lei 8/2019, do 23 de decembro, de regulación do aproveitamento lúdico das augas termais de Galicia, non se presentan outras alternativas que non sexa a aprobación desta orde.
Rango da norma: