Decreto polo que se regulan os criterios hixiénico sanitarios das piscinas de Galicia

Órgano ou entidade impulsora: Dirección Xeral de Saúde Pública

Departamento: Consellería de Sanidade - Dirección Xeral de Saúde Pública

Estado actual: Consulta pechada

Prazo no que estivo aberta a consulta: 15/01/2018 - 05/02/2018

Información sobre a norma :

  • Antecedentes:

    Lei 8/2008, do 10 de xullo, de Saúde de Galicia.

    Lei 33/2011, do 4 de outubro, xeral de saúde pública.

    Real decreto 742/2013, do 11 de outubro, polo que se establecen os criterios hixiénico-sanitarios das piscinas.

    Decreto 103/2005, do 6 de maio, polo que se establece a regulamentación técnico sanitaria das piscinas de uso colectivo.

  • Problemas que se pretenden solucionar:

    Coa publicación do Real decreto 742/2013, do 11 de outubro, polo que se establecen os criterios hixiénico-sanitarios das piscinas actualízase a normativa estatal na materia. Ao tratarse dunha norma básica, derroga en gran medida o Decreto 103/2005, do 6 de maio, de aplicación na Comunidade Autónoma de Galicia.

    Preténdese que a nova norma dea cumprimento ao disposto no Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes, simplificando os procedementos derivados e as cargas administrativas para os operadores económicos.

    Preténdese asignar de maneira clara as competencias das administracións locais e autonómicas nesta materia.

  • Necesidade e oportunidade da súa aprobación:

    Coa derrogación expresa do Decreto 103/2005, do 6 de maio, e a súa substitución por esta nova norma, búscase actualizar a lexislación vixente en materia sanitaria de piscinas para adaptar a normativa estatal ás características do ámbito xeográfico galego.

    Inténtase dar resposta a diversos aspectos importantes na materia que a normativa básica estatal non recolle, tales como seguridade, nivel de ocupación das instalacións ou tipoloxía destas.

  • Obxectivos:

    Preténdese aumentar o nivel de protección da saúde das persoas usuarias das piscinas, e que a vixilancia e o control destas instalacións sexa acadada coa maior eficacia co fin de garantir a súa seguridade e eliminar os posibles riscos.

    Todo o anterior pretende conseguirse co menor custo posible tanto para as administracións públicas actuantes coma para as persoas particulares ou operadores económicos afectadas por esta nova norma.

  • Rango da norma:

    Decreto