Limpar formulario principal
Buscar... no buscador principal
Buscar no portal
Departamento: Consellería de Sanidade
Estado actual: Consulta pechada
Prazo no que estivo aberta a consulta: 19/09/2017 - 03/10/2017
Información sobre a norma :
Antecedentes:
A normativa de ordenación farmacéutica na nosa Comunidade Autónoma data de 1999. Desde ese ano os avances que se producen na sociedade e a necesidade de configurar un sistema que garanta a prestación farmacéutica nos vindeiros anos aconsellan elaborar unha nova norma legal.
Problemas que se pretenden solucionar:
É necesario que a ordenación farmacéutica teña máis vinculación coa ordenación sanitaria xeral de forma que a prescrición e a dispensación de medicamentos sexa un continuo para os pacientes.
A crecente despoboación de zonas rurais da Galicia interior obriga a establecer un marco regulatorio máis flexible, garantindo que a poboación desas zonas teña acceso aos medicamentos que precisen.
Necesidade e oportunidade da súa aprobación:
A necesidade dunha nova norma vén dada polo propia evolución da sociedade e da sanidade nos últimos 18 anos, nos que a prestación farmacéutica hospitalaria aumentou a súa importancia tanto cualitativa como cuantitativa.
A oportunidade vén dada pola importancia crecente de modalidades asistenciais como a hospitalización a domicilio, a hospitalización sen ingreso, a necesidade de coordinación sociosanitaria, as pluripatoloxías e as necesidades crecentes de fármacos dispensados nos diferentes niveis asistenciais.
Obxectivos:
Adecuar a regulación legal ás novas necesidades e prestacións nun contexto de maior supervivencia e envellecemento da poboación.
Posibilitar unha ordenación farmacéutica que asegure que os/as usuarios/as de medicamentos poidan dispor deles con independencia do lugar no que residan.
Rango da norma:
Lei