Decreto polo que se regula o depósito legal da Comunidade Autónoma de Galicia
Órgano ou entidade impulsora: Secretaría Xeral de Cultura
Departamento: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria - Secretaría Xeral de Cultura
Estado actual: Consulta pechada
Prazo no que estivo aberta a consulta: 04/08/2017 - 31/08/2017
Información sobre a norma :
Antecedentes:
O depósito legal en Galicia viña regulado polo Decreto 43/2001, de 1 de febreiro, de refundición da normativa en materia do depósito legal.
A Lei 29/2011, do 9 de xullo, de depósito legal, promulgase unha nova lei estatal de depósito legal de adaptación a novidades no eido da publicación e da edición.
O Real decreto 635/2015, do 10 de xullo, polo que se regula o depósito legal das publicacións en liña, o desenvolvemento normativo da Lei 23/2011.
Problemas que se pretenden solucionar:
En particular, esta norma regulamentaria procura fusionar nun único texto o proceso de xestión e constitución tanto das publicacións en soporte tanxible como daquelas que se editan ou producen en soporte non tanxible.
Necesidade e oportunidade da súa aprobación:
A modificación do marco normativo estatal aconsella a adaptación da normativa autonómica á nova realidade no eido da publicación e da edición.
Obxectivos:
O obxectivo do depósito legal é cumprir co deber de preservar o patrimonio bibliográfico, sonoro, visual, audiovisual e dixital de Galicia e permitir o acceso a el con fins culturais, de investigación ou información, de conformidade co disposto na Lei 23/2011, do 29 de xullo, de depósito legal, así como na lexislación sobre protección de datos e propiedade intelectual.
Rango da norma: