Antecedentes:
O Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, no seu artigo 27.22, atribúe á Comunidade Autónoma galega a competencia exclusiva en materia de promoción do deporte.
En exercicio das súas competencias lexislativas en materia de promoción do deporte e da adecuada utilización do lecer, o Parlamento de Galicia dita a Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia, establecéndose un novo marco xurídico para o desenvolvemento da política deportiva da Comunidade Autónoma de Galicia.
A devandita norma prevé expresamente no artigo cinco a competencia exclusiva da Administración autonómica para levar a cabo o desenvolvemento regulamentario da lei.
Neste punto, faise necesario sinalar que as funcións que se atribúen a esta Comisión deben entenderse no marco do disposto na vixente Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia, modificada pola Lei 13/2015, de 24 de decembro, de medidas fiscais e administrativas e de conformidade co acordo da Comisión Bilateral de Cooperación Administración Xeral do Estado-Comunidade Autónoma de Galicia, sen que en ningún caso supoña menoscaba nin limite do exercicio competencial por parte da Administración Xeral do Estado en materia de seguridade, protección de persoas e bens e mantemento da orde pública.