-
Antecedentes:
Segundo se recolle no punto 1 do artigo 12 do Regulamento 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello de 17 de decembro sobre o financiamento, xestión e seguimento da PAC, os Estados membros instaurarán un sistema a efectos de asesorar aos beneficiarios sobre a xestión de terras e explotacións (“o sistema de asesoramento ás explotacións”) que estará a cargo de organismos públicos e/ou de organismos privados seleccionados.
Ademais se establece no seu artigo 14, que os beneficiarios e agricultores que non reciban axuda en virtude da PAC poderán utilizar de forma voluntaria o sistema de asesoramento ás explotacións. En consecuencia, se deberá garantir que as entidades que formen parte do sistema de asesoramento ofrezan un servizo adecuado e de calidade dirixido á mellora da competitividade das explotacións e o seu respecto polo medio ambiente, independentemente de que o servizo este ou non subvencionado.
En consecuencia, o sistema de asesoramento debería estar constituído por entidades convenientemente acreditadas mediante a súa inscrición nun rexistro creado a tal fin, cuxo obxectivo sexa regular os servizos de asesoramento as explotacións.
A aprobación dos novos regulamentos europeos en materia de desenvolvemento rural poñen de manifesto a necesidade de crear un novo sistema centrado no asesoramento naquelas materias recollidas no punto 2 do artigo 12 do Regulamento 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, centrando os seus esforzos na mellora do rendemento actual das explotacións. Esta actuación esixe que cada unha das entidades que formen parte do sistema de asesoramento se comprometan á elaboración e posta en marcha dun Plan Estratéxico onde se definan as liñas prioritarias de actuación e as accións encamiñadas á mellora da súa competitividade.
Por este motivo estímase necesaria a aprobación dunha normativa centrada exclusivamente nos servizos de asesoramento, xa que a regulación actual (Decreto 235/2007 de 29 de novembro) abrangue non soamente estes servizos senón tamén os de asesoramento e de xestión, derivados do periodo de programación anterior.
Asemade, o rexistro deberá estar constituído por entidades que poidan garantir un asesoramento de calidade e adecuado, vinculado á Medida 10 Agroambiente e clima (Razas autóctonas en perigo de extinción e manexo sostible das explotacións gandeiras) e/ou Medida 11 Agricultura ecolóxica do PDR 2014-2020, xa que ambas medidas esixen como condicionante de admisibilidade que a explotación reciba o servizo de asesoramento específico, dunha entidade autorizada.
Por último, a norma deberá incorporar a modificación da Directiva servizos, 2006/123/CE, que esixe derogar os requisitos discriminatorios que se basean na nacionalidade ou lugar de residencia.
-
Problemas que se pretenden solucionar:
A aprobación dos novos regulamentos europeos en materia de desenvolvemento rural poñen de manifesto a necesidade de crear un novo sistema centrado no asesoramento naquelas materias recollidas no punto 2 do artigo 12 do Regulamento 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, centrando os seus esforzos na mellora do rendemento actual das explotacións. Esta actuación esixe que cada unha das entidades que formen parte do sistema de asesoramento se comprometan á elaboración e posta en marcha dun Plan Estratéxico onde se definan as liñas prioritarias de actuación e as accións encamiñadas á mellora da súa competitividade.
Por este motivo estímase necesaria a aprobación dunha normativa centrada exclusivamente nos servizos de asesoramento, xa que a regulación actual (Decreto 235/2007 de 29 de novembro) abrangue non soamente estes servizos senón tamén os de aconsellamento e de xestión, derivados do periodo de programación anterior.
Asemade, o rexistro deberá estar constituído por entidades que poidan garantir un asesoramento de calidade e adecuado, vinculado á Medida 10 Agroambiente e clima (Razas autóctonas en perigo de extinción e manexo sostible das explotacións gandeiras) e/ou Medida 11 Agricultura ecolóxica do PDR 2014-2020, xa que ambas medidas esixen como condicionante de admisibilidade que a explotación reciba o servizo de asesoramento específico, dunha entidade autorizada.
Por último, a norma deberá incorporar a modificación da Directiva servizos, 2006/123/CE, que esixe derogar os requisitos discriminatorios que se basean na nacionalidade ou lugar de residencia.
-
Obxectivos:
A fortaleza económica do sector agrario en Galicia debería servir de impulso cara a unha maior capacidade de innovación e mellora continua da competitividade das explotacións.
Non obstante existen na actualidade numerosos aspectos que complican, en grande medida, o desenvolvemento dun sector primario máis competitivo. O progresivo envellecemento da poboación e o despoboamento das zonas rurais, repercute directamente no incremento do risco de abandono da actividade agraria, na menor capacidade de adaptación aos cambios e de posibilidade de innovación do sector e na debilitación progresiva da economía desas áreas.
Todos estes factores unidos a alta taxa de desemprego total e xuvenil en Galicia poñen de manifesto a necesidade de potenciar un sector primordial para Galicia e que supón unha clara oportunidade de desenvolvemento para a Comunidade. Neste senso, o asesoramento dos titulares e traballadores das explotacións agrarias sitúase como un aspecto fundamental para o logro dun crecemento sostido e sostible da actividade que permita a mellora da competitividade das explotacións, non só en materia agronómica senón tamén sociolaboral e medioambiental.
Esta norma, para os efectos do disposto no do artigo 12 do Regulamento 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello de 17 de decembro sobre a financiamento, xestión e seguimento da PAC e de conformidade co estipulado no artigo 15 do Regulamento (UE) nº 1305/2013, do Parlamento europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), ten por obxecto:
- Regular o establecemento e as condicións que deben cumprir os servizos de asesoramento ás persoas dedicadas á agricultura;
- Definir as distintas modalidades de asesoramento en función das materias que abranga cada servizo prestado;
- Recoñecer, mediante a inclusión do sistema de asesoramento, as entidades que presten estes servizos;
- Establecer os supostos de suspensión e/ou retirada do recoñecemento;
- Definir un sistema de avaliación da calidade do servizo prestado pola entidade;
- A apertura do prazo para a actualización e verificación dos requisitos das entidades actualmente inscritas no rexistro aprobado polo Decreto 235/2007, de 29 de novembro polo que se regulan os servizos de asesoramento e de xestión das explotacións agrarias (Resaxega), para a súa incorporación no sistema de asesoramento obxecto do presente Decreto.
-
Posibles solucións, alternativas, regulatorias e non regulatorias:
A posta en marcha dun sistema de asesoramento que preste servizo tanto na modalidade subvencionada como non subvencionada preséntase, neste novo periodo de programación 2014-2020, como una obriga que deberá ser cumprida por todos Estados Membros.
Considérase que a regulación do citado sistema debe realizarse a través da aprobación dun decreto que posteriormente sexa desenvolvido por unha orde, onde se concrete o procedemento a seguir para o recoñecemento e rexistro de entidades prestadoras dos servizos de asesoramento en Galicia.
Como solución alternativa ás entidades de asesoramento poderíase propor que sexa a propia Administración a que preste o servizo aos titulares de explotacións agrarias, xa que a normativa reguladora contempla a posibilidade de que sexan organismos públicos e/ou organismos privados os que conformen este sistema.
-
Rango da norma:
Decreto