Decreto polo que se modifica o Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común e o Decreto 23/2016, do 25 de febreiro, polo que se regula o reinvestimento dos ingresos obtidos polos montes veciñais en man común en actuacións de mellora e protección forestal

Órgano ou entidade impulsora: Dirección Xeral de Ordenación Forestal

Departamento: Consellería do Medio Rural

Estado actual: Consulta pechada

Prazo no que estivo aberta a consulta: 18/05/2017 - 06/06/2017

Información sobre a norma :

  • Antecedentes:

    O Decreto 23/2016, do 25 de febreiro, establece varios procedementos relacionados coas obrigacións de reinvestimento previstas no artigo 125 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.

    As comunidades veciñais tamén se regulan polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

  • Problemas que se pretenden solucionar:

    Preténdese modificar o Decreto 23/2016 para mellorar as comunicacións de reinvestimento, incluír a solicitude de redución de cota, engadir o procedemento de autorización do plan de investimentos plurianual e regular o tratamento que se dá ás subvencións cuxo destino son investimentos no monte.

    A maiores, trátase de adaptar a normativa á entrada en vigor da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

     

  • Necesidade e oportunidade da súa aprobación:

    A necesidade vén determinada polas melloras que son necesarias e a entrada en vigor da Lei 39/2015.

  • Obxectivos:

    Corrixir os problemas sinalados.

  • Posibles solucións, alternativas, regulatorias e non regulatorias:

    Ao tratarse de desenvolvementos de leis, as alternativas defínense polo alcance e detalle do desenvolvemento.

     

  • Rango da norma:

    Decreto