Decreto polo que se crea e desenvolve o rexistro de masas consolidadas de frondosas autóctonas para favorecer a xestión forestal sustentable

Órgano ou entidade impulsora: Dirección Xeral de Ordenación Forestal

Departamento: Consellería do Medio Rural

Estado actual: Consulta pechada

Prazo no que estivo aberta a consulta: 18/05/2017 - 06/06/2017

Información sobre a norma :

  • Antecedentes:

    Segundo os datos do Cuarto Inventario Forestal Nacional, en Galicia hai 1.400.000 ha arboradas, en números redondos. Delas, as masas de frondosas autóctonas suman máis de 415.000 ha puras ou mesturadas, principalmente compostas por individuos dos xéneros Quercus, Castanea e Betula.

    O artigo 126.1 da Lei 7/2012, de 28 de xuño, de montes de Galicia crea o Sistema rexistral forestal de Galicia, incluíndo nel o Rexistro de masas consolidadas de frondosas autóctonas, donde quedarán rexistradas aquelas masas descritas no artigo 93 da lei.

  • Problemas que se pretenden solucionar:

    No decreto débese recoller o concepto, concretándoo se é necesario, regular o procedemento de inscrición, o acceso ao rexistro e os efectos da inscrición dunha masa (beneficios e obrigas, particularmente no que se refire aos aproveitamentos e a xestión conxunta da masa).

     

  • Necesidade e oportunidade da súa aprobación:

    A necesidade vén determinada pola conveniencia de por en valor estas masas forestais, facilitando a súa xestión. O seu rexistro tamén será necesario para que podan acollerse a subvencións.

  • Obxectivos:

    Crear e desenvolver o rexistro de masas consolidadas de frondosas autóctonas.

  • Posibles solucións, alternativas, regulatorias e non regulatorias:

    Non regular este rexistro.

     

  • Rango da norma:

    Decreto

Achegas e opinións recibidas: 1