Limpar formulario principal
Buscar... no buscador principal
Buscar no portal
Órgano ou entidade impulsora: Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional
Departamento: Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Estado actual: Consulta pechada
Prazo no que estivo aberta a consulta: 26/03/2026 - 09/04/2026
Información sobre a norma :
Antecedentes:
A Lei orgánica 3/2022, do 31 de marzo, de ordenación e integración da formación profesional, e o seu desenvolvemento mediante o Real decreto 659/2023, do 18 de xullo, polo que se desenvolve a ordenación do Sistema de formación profesional, introduciron modificacións no réxime de avaliación, cualificación, acreditación e titulación académica do alumnado, así como na estrutura e organización das distintas ofertas formativas.No exercicio das súas competencias, a Comunidade Autónoma de Galicia aprobou o Decreto 20/2026, do 9 de marzo, polo que se establece a ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo de Galicia.Unha vez definido este marco de ordenación, resulta necesario completar o seu desenvolvemento normativo mediante a aprobación dunha norma específica que regule de maneira homoxénea a avaliación, a acreditación e a certificación académica do alumnado de formación profesional, incluíndo o proceso de acreditación de competencias, garantindo a súa adecuación á normativa básica estatal e autonómica.
Problemas que se pretenden solucionar:
A normativa autonómica vixente en Galicia en materia de avaliación, acreditación e certificación foi aprobada con anterioridade á entrada en vigor do novo marco normativo estatal e autonómico e non incorpora algúns dos cambios introducidos pola nova normativa.Esta situación dificulta a aplicación homoxénea da normativa, podendo xerar diferenzas na súa aplicación entre centros educativos e reduce a seguridade xurídica do sistema, afectando ao alumnado, ao profesorado e aos propios centros.
Necesidade e oportunidade da súa aprobación:
A Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación e a Lei orgánica 3/2022 establecen o marco xeral da avaliación e da titulación académica nas ensinanzas de formación profesional.Pola súa banda, o Real decreto 659/2023 regula o dereito a unha avaliación obxectiva, os criterios comúns de avaliación, de certificación, de titulación e de acreditación nas distintas ofertas do Sistema de Formación Profesional.Neste contexto, e unha vez aprobado o marco autonómico de ordenación e organización da formación profesional polo Decreto 20/2026, resulta necesaria e oportuna a aprobación dunha nova orde que adecúe a normativa autonómica ao novo marco estatal e garanta unha aplicación homoxénea, coherente e xuridicamente segura en Galicia.
Obxectivos:
A orde que se proxecta ten como obxectivos:
Posibles solucións, alternativas, regulatorias e non regulatorias:
Non é posible conseguir os obxectivos indicados con solucións alternativas reguladoras e non reguladoras.
Rango da norma:
Orde
Achegas e opinións recibidas: 4