Decreto polo que se crea e se regula o Observatorio Galego do Xogo

Órgano ou entidade impulsora: Dirección Xeral de Emerxencias e Interior

Departamento: Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes - Dirección Xeral de Emerxencias e Interior

Estado actual: Consulta pechada

Prazo no que estivo aberta a consulta: 07/08/2023 - 15/09/2023

Información sobre a norma :

  • Antecedentes:

    A Lei 3/2023, de 4 de xullo, reguladora dos xogos de Galicia establece unha vacatio legis de 3 meses na súa disposición final sétima. A disposición final cuarta, pola súa parte, sinala que o decreto de regulación do Observatorio Galego do Xogo deberá estar aprobado no prazo máximo de seis meses desde a entrada en vigor da lei. A necesidade de dar cumprimento a este prazo, xustifica o feito de que se inicien os trámites e esta consulta pública previa antes da entrada en vigor da Lei 3/2023.

  • Problemas que se pretenden solucionar:

    A nova norma pretende dar cumprimento ao mandato legal establecido no artigo 4 da Lei 3/2023, dentro das políticas de xogo responsable e seguro, creando e regulando o Observatorio Galego do Xogo como órgano colexiado encargado do estudo, avaliación e seguimento das ditas políticas.

  • Necesidade e oportunidade da súa aprobación:

    A disposición final cuarta da Lei 3/2023, autoriza ao Consello da Xunta de Galicia para ditar as disposicións necesarias para o desenvolvemento desta lei. No apartado segundo indica que no prazo de seis meses desde a entrada en vigor da norma, deberá  estar aprobado o desenvolvemento regulamentario polo que se regule o Observatorio Galego do Xogo.

  • Obxectivos:

    Este decreto ten por obxecto a creación do Observatorio Galego do Xogo como órgano colexiado encargado do estudo, avaliación e seguimento das políticas de xogo responsable e seguro. Nesta norma establecerase a súa natureza, fins, composición e adscrición, debendo respectarse, na súa composición, o principio de presenza equilibrada de mulleres e homes. Os seus estudos e traballos estatísticos deberán efectuarse sempre desagregando os datos por sexos.

  • Posibles solucións, alternativas, regulatorias e non regulatorias:

    Por tratarse do desenvolvemento da Lei, este debe efectuarse mediante decreto.

    A propia Lei 3/2023, no artigo 4, exixe que toda esta regulación se faga mediante desenvolvemento regulamentario.

  • Rango da norma:

    Decreto

Achegas e opinións recibidas: 4