Orde pola que se desenvolve o Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia

Órgano ou entidade impulsora: Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa

Departamento: Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades - Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa

Estado actual: Consulta pechada

Prazo no que estivo aberta a consulta: 28/11/2022 - 12/12/2022

Información sobre a norma :

  • Antecedentes:

    A Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, modificada pola Lei orgánica 3/2020, do 29 de decembro, creou unha nova estrutura curricular e afectou, entre outros, a varios aspectos do bacharelato como os principios e obxectivos, a organización ou a avaliación.

    O Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia concretou as intencións do sistema educativo galego para esta etapa educativa. Na súa Disposición derradeira segunda facúltase a persoa titular da consellería con competencias en materia de educación para ditar cantas disposicións sexan precisas no relativo ao desenvolvemento do Decreto.

  • Problemas que se pretenden solucionar:

    Regular aqueles aspectos do Decreto 157/2022, do 15 de setembro, que precisan de maior desenvolvemento normativo para poder ser aplicados con garantías e con coherencia polos centros docentes.

  • Necesidade e oportunidade da súa aprobación:

    Actualizar o desenvolvemento normativo ao novo Decreto que regula a etapa de bacharelato en Galicia.

  • Obxectivos:

    Concretar aqueles aspectos da ordenación e o currículo na etapa de bacharelato na Comunidad Autónoma de Galicia que precisan unha maior regulación normativa.

  • Posibles solucións, alternativas, regulatorias e non regulatorias:

    Na Disposición derradeira segunda do Decreto 157/2022, do 15 de setembro, facúltase a persoa titular da consellería con competencias en materia de educación para ditar cantas disposicións sexan precisas no relativo ao desenvolvemento do Decreto.

    Polo tanto, considérase que para cumprir o mandato normativo a mellor alternativa é desenvolvelo a través dunha norma con rango de orde.

  • Rango da norma:

    Orde