Decreto polo que se aproba o regulamento de accesibilidade

Órgano ou entidade impulsora: Secretaría Xeral Técnica

Departamento: Consellería de Política Social - Secretaría Xeral Técnica

Estado actual: Consulta pechada

Prazo no que estivo aberta a consulta: 04/06/2021 - 18/06/2021

Información sobre a norma :

  • Antecedentes:

    A Lei 10/2014, do 3 de decembro, de accesibilidade ten por obxecto garantirlles ás persoas con discapacidade a igualdade de oportunidades en relación coa accesibilidade universal e co deseño para todos respecto dos contornos, procesos, bens, produtos e servizos, así como en relación cos obxectos ou instrumentos, ferramentas e dispositivos, de modo que estes se fagan comprensibles, utilizables e practicables por todas as persoas, en igualdade de condicións de seguridade e comodidade e do xeito máis autónomo e natural posible.

    Esta norma recolle, na disposición derradeira primeira, o mandato á Xunta de Galicia de aprobar o regulamento de desenvolvemento e o código de accesibilidade que conteña todas as normas técnicas aplicables na materia. O mesmo precepto recolle como contido mínimo do desenvolvemento regulamentario, para definir a condición de accesible, os parámetros de accesibilidade que se definen no Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social, e na súa normativa de desenvolvemento.

  • Problemas que se pretenden solucionar:

    Cubrir a regulación normativa de desenvolvemento establecido na Lei 10/2014, do 3 de decembro.

  • Necesidade e oportunidade da súa aprobación:

    A necesidade do desenvolvemento normativo da Lei de accesibilidade deriva da esixencia de regular os parámetros de accesibilidade para posibilitar a efectiva implementación desta na contorna e infraestruturas das persoas con dificultades.

  • Obxectivos:

    O desenvolvemento da Lei 10/2014, do 3 de decembro, de accesibilidade de Galicia, mediante o establecemento das normas e criterios de accesibilidade en espazos públicos, infraestruturas, edificación, transporte e comunicación, do código de accesibilidade e das medidas de planificación, fomento e control na materia.

  • Posibles solucións, alternativas, regulatorias e non regulatorias:

    A Lei 10/2014, do 3 de decembro, establece a obriga de facer un desenvolvemento regulamentario, polo que non existen alternativas regulatorias á norma que se está a tramitar.

  • Rango da norma:

    Decreto

Achegas e opinións recibidas: 13