Indemnizacións por razón do servizo
Neste apartado recóllense as contías globais das indemnizacións por razón do servizo que resultan de aplicación ao persoal empregado público.
As contías das indemnizacións por razón de servizo serán as reguladas no Decreto 144/2001, do 7 de xuño, sobre indemnizacións por razón de servizo ao persoal con destino na Administración autonómica de Galicia, revisadas polas resolucións da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 29 de decembro de 2005, pola que se lle dá publicidade ao Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 29 de decembro de 2005, e do 20 de xuño de 2008, pola que se lle dá publicidade ao Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 19 de xuño de 2008.