Proxecto de decreto polo que se regula o Rexistro das entidades de control e certificación dos produtos alimenticios de Galicia

Órgano ou entidade tramitadora: Dirección xeral da PAC e do control da cadea alimentaria

Departamento: Consellería do Medio Rural - Dirección Xeral da PAC e do Control da Cadea Alimentaria

Inicio da tramitación: 05/11/2025

Obxecto:

O obxecto deste decreto é regular o contido, a estrutura e o procedemento de inscrición no Rexistro de entidades de control e certificación dos produtos alimenticios de Galicia creado polo artigo 86 da Lei 1/2024, do 11 de xaneiro, da calidade alimentaria de Galicia.

 

Estado actual: Pendente de aprobación

Prazo para remitir suxestións: pechado desde 07/05/2026