Relacións coa cidadanía

Dáse conta neste apartado das obrigas específicas de información sobre as relacións coa cidadanía que recolle a Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, entre elas, a relación de procedementos e servizos á disposición da cidadanía, o réxime xurídico dos distintos servizos públicos, os requirimentos e as condicións de acceso aos servizos públicos, as cartas de servizos aprobadas ou os resultados das avaliacións de calidade efectuadas, así como os resultados do barómetro da calidade dos servizos públicos e o Plan xeral de xestión e mellora da calidade dos servizos do sector público autonómico de Galicia. 

Imagen asociada a Entrada Relacións coa cidadanía
I

Información e atención á cidadanía

O sector público galego dispón dun sistema integrado de atención á cidadanía a través de tres modalidades: presencial, telefónica e telemática. A información ten como finalidade facilitarlle á cidadanía os datos necesarios para coñecer a organización e competencias incluídas dentro do sector público autonómico, así como proporcionar e ofrecer a axuda que requira sobre procedementos, trámites, requirimentos e documentación precisa para poder presentar solicitudes, escritos e comunicacións.

P

Procedementos e servizos

Dentro das obrigas específicas de información que contempla a Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno dentro do capítulo de relacións coa cidadanía figura toda a información relativa aos procedementos e servizos postos a disposición desta.

S

Suxestións e queixas

A cidadanía ten dereito a unha administración eficaz que xestione os seus asuntos con imparcialidade, obxectividade e dentro do marco temporal establecido. Neste apartado facilítase a información relativa a presentación de queixas e suxestións sobre a prestación dos servizos públicos, que contribúan ao seu mellor funcionamento.

B

Barómetro da calidade dos servizos públicos

O Barómetro da calidade dos servizos públicos, previsto no artigo 24 da Lei 1/2015, do 1 de abril, de garantía da calidade dos servizos públicos e da boa administración, constitúe un sitio web específico sobre a xestión e a avaliación da calidade dos servizos públicos do sector público autonómico de Galicia que permite dar a coñecer a opinión e a satisfacción da cidadanía en relación coa calidade dos servizos públicos prestados polo sector público autonómico.