Enténdese por información pública os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación da Lei de transparencia e bo goberno e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións.
Acceso ao formulario
O procedemento para o exercicio do dereito de acceso iniciarase coa presentación dunha solicitude, que se deberá dirixir á persoa titular do órgano administrativo ou entidade que posúa a información.
Valedor do Pobo / Comisionado da Transparencia
O Valedor do Pobo é o alto comisionado do Parlamento de Galicia para a defensa dos dereitos e liberdades comprendidos no título I da Constitución e no Estatuto de Autonomía de Galicia.
Estatísticas e resolucións
Seguimento dos expedientes das solicitudes de acceso á información pública e resolucións ditadas en virtude do disposto no artigo 14.3 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno.