Participación

A través deste apartado a cidadanía pode participar na elaboración da normativa, plans e outras políticas específicas da Comunidade Autónoma de Galicia, tendo tamén a posibilidade de participar no proceso previo de elaboración normativa mediante o acceso ás consultas públicas previas.

Imagen asociada a Entrada Participación

Procedementos de información pública

Neste apartado dáse cumprimento á obriga prevista no artigo 7 e) da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno que contempla a publicación dos documentos que, conforme á lexislación sectorial vixente, deban ser sometidos a un período de información pública durante a súa tramitación.

Participación en plans e programas

Neste apartado recóllese a participación da cidadanía na elaboración dos instrumentos de planificación da Administración autonómica, promovendo súa participación no deseño e elaboración das políticas públicas.

Participación infantil e xuvenil

Neste apartado promóvese a cultura participativa da xuventude mediante a difusión de programas participativos e canles de participación dirixidas á mocidade.

Participación cidadá no Parlamento de Galicia

Neste apartado recóllense as distintas vías de participación cidadá no Parlamento de Galicia, facilitando que os galegos e as galegas se impliquen activamente na actividade parlamentaria.

Suxestións e queixas

A cidadanía ten dereito a unha administración eficaz que xestione os seus asuntos con imparcialidade, obxectividade e dentro do marco temporal establecido. Neste apartado facilítase a información relativa á presentación de queixas e suxestións sobre a prestación dos servizos públicos que contribúan ao seu mellor funcionamento.

Guía da participación en lectura fácil

Esta guía da participación na Xunta de Galicia en lectura fácil fomenta unha participación plenamente inclusiva. Os documentos en lectura fácil teñen por obxecto facer accesible a información ás persoas con dificultades de comprensión lectora. 

Outros procesos participativos

Neste apartado pode acceder a outro tipo de procesos participativos non directamente vinculados á elaboración dunha norma xurídica ou plan ou programa de actuación.