Proxecto de orde pola que se regula a xestión dos excedentes procedentes do marisco obtido durante a actividade marisqueira

Órgano ou entidade tramitadora: Secretaría Xeral Técnica

Departamento: Consellería do Mar - Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro

Inicio da tramitación: 19/09/2025

Obxecto:

o artigo 10.2.f) da Lei 9/1993, do 8 de xullo, de confrarías de pescadores de Galicia, e o artigo 53.1.i) do Decreto 8/2014, do 16 de xaneiro, polo que se regulan as confrarías de pescadores de Galicia e as súas federacións, recoñecen expresamente como un dos recursos económicos dos que poden dispoñer as confrarías de pescadores as cantidades recadas na primeira venda dos excedentes procedentes do marisco obtido durante a actividade marisqueira, segundo as condicións que se establezan regulamentariamente.


 Esta orde ten por obxecto regular a xestión dos excedentes procedentes do marisco obtido durante a actividade marisqueira ao abeiro das ordes polas que se aproban o Plan xeral de explotación marisqueira e os Plans de xestión de recursos específicos e algas.

 

Estado actual: Pendente de aprobación

Prazo para remitir suxestións: pechado desde 07/01/2026

Suxestións recibidas: 1