Orde do 23 de agosto de 2023 pola que se establece a figura da persoa coordinadora de benestar e convivencia nos centros docentes de Galicia

Órgano ou entidade tramitadora: Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa

Departamento: Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades - Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa

Inicio da tramitación: 28/03/2023

Data da publicación no DOG: 31/08/2023

Obxecto: a norma ten por obxecto establecer a figura da persoa que exerza a coordinación do benestar e convivencia nos centros docentes correspondentes ao ámbito de xestión da Comunidade Autónoma de Galicia. Establece as funcións desta figura así como os requisitos e outros aspectos relacionados coa mesma.

Estado actual: aprobada e publicada no DOG

Suxestións recibidas: 5