Decreto 216/2022, do 1 de decembro, polo que se modifica o Decreto 6/2018, do 11 de xaneiro, polo que se aproban os estatutos do consorcio Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia

Órgano ou entidade tramitadora: Secretaría Xeral de Universidades

Departamento: Consellería de Cultura, Educación e Universidade - Secretaría Xeral de Universidades

Inicio da tramitación: 23/03/2022

Data da publicación no DOG: 22/12/2022

Obxecto:

o ámbito de actuación do consorcio ACSUG comprende todas as universidades integradas no SUG, así como os centros que impartan en Galicia ensinanzas universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional nos termos previstos na LOU.

Por Lei 12/2021, do 15 de xullo, recoñécese na Comunidade Autónoma de Galicia a universidade privada Universidad Intercontinental de la Empresa.

O obxectivo é incorporar esta nova universidade no ámbito de actuación da ACSUG, o que supón a modificación do artigo 2 dos estatutos do consorcio e, consecuentemente, do Decreto 6/2018, do 11 de xaneiro, polo que se aproban os mesmos.
 

Estado actual: Aprobada e publicada no DOG