Decreto 48/2022, do 28 de abril, polo que se modifica o Decreto 26/2019, do 7 de marzo, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

D

Documentos relacionados

Órgano ou entidade tramitadora: Secretaría Xeral Técnica

Departamento: Consellería de Infraestruturas e Mobilidade - Secretaría Xeral Técnica

Inicio da tramitación: 22/04/2022

Data da publicación no DOG: 29/04/2022

Obxecto:

a modificación ten por obxecto precisar as competencias da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade no ámbito das infraestruturas de edificación coa finalidade, por un lado, de regular expresamente esta competencia como propia da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, sen prexuízo das competencias específicas nesta materia que correspondan a outros departamentos da Xunta de Galicia. E, doutro, garantir unha xestión máis áxil e eficiente dos fondos Next Generation EU que lle corresponde á Comunidade Autónoma de Galicia, a través de calquera dos instrumentos de colaboración regulados na Lei 14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sector público autonómico.

Estado actual: Aprobada e publicada no DOG