Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia

Órgano ou entidade tramitadora: Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional

Departamento: Consellería de Cultura, Educación e Universidade - Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional

Inicio da tramitación: 07/03/2022

Data da publicación no DOG: 26/09/2022

Obxecto: este decreto ten por obxecto establecer o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo co disposto no artigo 6 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, e no artigo 11.3 do Real decreto 157/2022, do 1 de marzo, polo que se establecen a ordenación e as ensinanzas mínimas da educación primaria.

Así mesmo, ten por obxecto regular a ordenación da devandita etapa educativa, de acordo coa disposición derradeira sexta da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Estado actual: aprobada e publicada no DOG