Decreto 202/2022, do 10 de novembro, polo que se regula a composición e o funcionamento do Consello de Centros Museísticos de Galicia

Órgano ou entidade tramitadora: Secretaría Xeral de Cultura (Subdirección Xeral de Arquivos e Museos)

Departamento: Consellería de Cultura, Educación e Universidade - Secretaría Xeral de Cultura

Inicio da tramitación: 08/04/2021

Data da publicación no DOG: 02/12/2022

Obxecto: o Decreto polo que se regula a composición e o funcionamento do Consello de Centros Museísticos de Galicia atopa a súa razón de ser na recentemente aprobada Lei 7/2021, do 17 de febreiro, de museos e outros centros museísticos de Galicia. O seu artigo 10 crea o Consello de Centros Museísticos de Galicia como órgano colexiado asesor do Sistema de centros museísticos de Galicia, adscrito á consellería con competencias en materia de centros museísticos. Neste mesmo artigo 10 esbózanse a estrutura, as funcións e o réxime xeral de funcionamento deste órgano, remitíndose á correspondente norma regulamentaria de desenvolvemento os aspectos máis concretos do seu réxime xurídico.

Co obxectivo de delimitar máis polo miúdo e complementar a regulación legal, faise necesario desenvolver regulamentariamente o previsto no artigo 10 da Lei 7/2021, do 17 de febreiro, sobre todo no que se refire á composición e ao funcionamento do Consello de Centros Museísticos de Galicia.

Estado actual: aprobada e publicada no DOG