Órgano ou entidade tramitadora:
Secretaría Xeral Técnica
Departamento:
Consellería de Política Social - Secretaría Xeral Técnica
Inicio da tramitación: 10/06/2019
Data da publicación no DOG: 07/01/2021
Obxecto:
en desenvolvemento da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, a nova disposición ten por obxecto a regulación do réxime de concerto social que realice a Administración da Xunta de Galicia, a través da Consellería competente en materia de servizos sociais e as súas entidades instrumentais adscritas, con entidades que ofrezan servizos sociais previstos nas carteiras de servizos vixentes que se determinen.
A norma regula os requisitos das entidades para acollerse ao concerto, o procedemento de concertación e as súas modalidades, a formalización, a execución, a posibilidade da modificación e prórroga, a extinción, o réxime económico e o réxime de conflitos. Así mesmo, na súa parte final regula un réxime de transitoriedade.
Estado actual:
Aprobada e publicada no DOG
Suxestións recibidas: 8