Orde do 15 de novembro de 2019 sobre desenvolvemento da xestión orzamentaria dos ingresos procedentes de transferencias correntes e de capital

Órgano ou entidade tramitadora: Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos

Departamento: Consellería de Facenda - Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos

Inicio da tramitación: 30/04/2019

Data da publicación no DOG: 02/12/2019

Obxecto: o obxecto da presente orde é o desenvolvemento do procedemento de xestión orzamentaria dos ingresos procedentes de transferencias correntes e de capital, que comprende o conxunto de actuacións necesarias para establecer o dereito á súa percepción e a determinación da súa contía, a recadación e a contabilización do recurso.

Estado actual: aprobada e publicada no DOG