Orde do 25 de marzo de 2019 pola que se amplía o prazo para a xustificación e avaliación do proxecto anual de servizos sociais comunitarios municipais correspondente ao exercicio 2018, así como para a presentación do proxecto anual de servizos sociais comunitarios municipais correspondente ao ano 2019

Órgano ou entidade tramitadora: Secretaría Xeral Técnica

Departamento: Consellería de Política Social - Secretaría Xeral Técnica

Inicio da tramitación: 03/03/2019

Data da publicación no DOG: 28/03/2019

Obxecto: o obxecto da norma consiste na ampliación do prazo establecido para a xustificación e avaliación polos concellos da execución do proxecto anual de servizos sociais municipais correspondente ao exercicio 2018 e para a presentación do proxecto anual de servizos sociais municipais para o ano 2019.

O prazo establecido do 31 de marzo de 2019, en virtude da presente disposición, amplíase ata o día 10 de maio de 2019, incluído.

Estado actual: aprobada e publicada no DOG